jueves, 12 de noviembre de 2009

Aniversario

Tal dia coma hoxe de hai un ano comenzou este recunchiño a dicir cousas, sen guión pero con emoción. Todo o que sentia fíxose eco entre todos vós, e todos vós replicastes o que sentiades.
Logo partin a outros lugares virtuais, a navegar polos ceros e uns, para chegar ás vosas entrañas, aos vosos corazóns, e pronto nos chegamos a coñecer, ainda que solo fora un pouquiño, que é como sempre se coñecen ás persoas: un pouquiño.
I é que detras de toda esta parafernalia atopámonos unha chea de persoas, que si non fora pola tecnoloxía igual nunca nos encontraríamos coa profundidade con que o facemos a cotío.
Por elo hoxe estou de celebración. E como non podía ser doutro xeito, espero celebrar moitos aniversarios mais. ¿Unídesvos á miña festa?

15 comentarios:

BRABIDO dijo...

Conta conmigo,as festas é o meu.Felicidades,un ano xa,coma pasa o tempo.
Xa montaras unha boa en Carballedo.

QUE SEAN MOITOS MAIS

vermella dijo...

parabéns e quedo a espera da tarta virtual,que seña de chocolate por favor!

Deambulando con Artabria dijo...

Conta conmigo, eu tamén estou de primer aniversario en Artabria o día 22....aínda que levo xa algún tempo máis na blogosfera....

Zeltia dijo...

un aniño xa!
como pasa o tempo... e acordacheste!
(eu son un desastre para os aniversarios... )
moitas felicidades por manter activo todo un ano o blog, e a quitarlle partido a este outro ano que empezas.

eu tamén de chocolate, como vermella, por favor

Chousa da Alcandra dijo...

Ui, penso que vas ter que ir por máis chocolate, colega. Eu..xa sabe que son chocolateiro tamén.
E, xa que tés que sair, non te esquezas de traer algo de droja dura na súa forma alcohólica. Máis que nada para equilibrar a dose de cacao!
Felicidades, compañeiro!

Raposo dijo...

Noraboa!!!
E pon unha copa mais na mesa que vou alá: o chocolate tanto me ten pero un par de chupitos tómoos de boa gana.
Apertas.

Patiña dijo...

Feliciades, non sabía que levaras tanto tempo, espero poder seguirte habitualmente a partir de agora. Os comentarios son moi interesantes. Celebrámolo o sábado con chupiño e chocolate por suposto

Inmita dijo...

Parabéns por este ano de blogueiro!!como pasa o tempo...(11/11/2008).
Estou de acordo con Patiña de celebralo cun bo chocolatiño ao carón da chimenea. Ainda que como a ti o chocolate non che gusta...tomarémolo nós,jajajaja.

HADEX dijo...

MOitas felicidades por este aniño e que sexan moitos máis!!!

Bicosss

Antón de Muros dijo...

Parabéns polo primeiro ano! :-)
Apuntome para a tarta ;-)

Unha aperta.

Antón.

Unknown dijo...

Ummm que ben, hai un naco de bizcocho por aquí?Noraboa!

Bicos

susana moo dijo...

Uns meses de avantaxe lévote eu e os meus sentimentos son parecidos.
Qué ven se pasa. Felicidades e noraboa, a seguir!

Carlos Sousa dijo...

Parabéns amigo!! espero que sigas bastantes máis. Non sei se chegarei a tempo a festa, pero tomarei unha cervexa a túa saúde (ou á do blog)

ASaúdos

Merce dijo...

Uuuuuiiii! e quen me ia dicir a min que eu te ia atopar por estes lares???

Noraboa por ese aniño, agardo que dures un chisquiño mais e eu que o vexa, non? :p

Por certo, estou agardando por esa foto da gran zarrotada jejejeje

Bicos

P.D. Vouche dar eu con iso de quen me fai a min as fotos, mira que es ben retorto eh? xa mo decia a min certo curman teu...

fgul dijo...

PARABÉNS!!!

Teremos que facerlle un inmenso festón a Barreira!!!!!