viernes, 16 de octubre de 2009

Crise

Eu, que tendo a ser mais materialista que espiritual, sempre crin que o problema que estamos a padecer era debido a unha crise económica sen precedentes, fronte os que argumentaban que o que estamos a vivir é debido a unha crise de valores.


Pois ben!!!. Acábanme de convencer os segundos, despois de ver os motivos polos que pechan os negocios. Este é o cartel que aparece na porta do que antes era unha cafeteria.


Pero este non é o único, pois xusto ao lado aparece este outro,



Crise de valores en toda regla, que levou a engrosar a lista de parados a todos os empregados desta empresa.

E para colmo de males hai quen é o demo e escribe coma o demo.

P.D.: Tomo nota do tirón de orellas de Zeltia, que xa me dixo que ia sendo horas de actualizar o blogue.

9 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Salvácheste, que entraba tamén para recordarte de actualizar.

Haiche casualidades, o raposo tamén falou do mesmo. Sí que debe chamar a atención. Agora na foto vese outra firma distinta, se cadra máis apropiada, pero Moncho é Moncho e dende logo orixinal.

Un saúdo

BRABIDO dijo...

Cerramos por vacaciones,cerramos por descanso del persoal,cerramos por reformas, cerramos por problemas familiares,cerramos por cambio de gerencia,cerramos por.......

E non sera mais doado poñer CERRAMOS POLA CRISE

SAUDOS

Barreira dijo...

Carlos. Xa vin que o Raposo puxo tamen unha post referente a este curioso cartel.Pero cando eu pasei por ali os autores xa firmaran co seu pseudónimo, despois de pensalo mellor.
Brabido. Tes toda a razón, raio!!!. Tantas voltas para vir a dicir o mesmo. Ademais din que hai que andar cos tempos.
Saudos.

paideleo dijo...

Crise non sei se haberá pero muitos cambios si que hai; de empresas, de negocios e de amores.
A ver en que remata isto !.

Raposo dijo...

Tamén é casualidade, oh! Pero Carballedo non queda lonxe de Vigo? Que carallo andabas a facer por aquí, eh,pillabán!!!

Deambulando con Artabria dijo...

Vaia comedura de coco. Estaba segura de ver esta foto onte, pero tamén estaba segura de que non fora no teu blogue.......

Que mal momento pasei, jejeje

http://poemasdacova.blogspot.com/2009/10/motivos-persoais.html

P.D. Pois si, xa era hora de que actualizaras......

Barreira dijo...

Paideleo. Crise si que hai, de todo, coma sempre.
Raposo. Bueno, agora coas novas vias de comunicación (e non me refiro a este medio), chegase nun plis. Pero aparte diso eu pola semana estou en Vigo, con base de operacións, precisamente na Travesia.
Ai, ai Artabria. Xa ves, os camiños da xente intercruzanse a cotio, pero os das persoas so ás veces. Pois dito isto hei de darlle mais oxíxeno a este sitio.

Chousa da Alcandra dijo...

Que un de Carballedo e un de Sober retraten a mesma imaxe en Vigo, non vos é outra cousa que un exemplo clariño da globalización!!!.
(Xa nos explicarás o de "base das operacións". Seica tes un quirófano na Travesía de Vigo ou qué?)

Apertas

Paz Zeltia dijo...

a mín pasoume coma a artabria:
a verrrrrr pensei
relájate
jajaja

[así me gusta, que seas ghiadiño]