lunes, 21 de septiembre de 2009

Marionetas

Todo periodista aspira a ser independente. Toda información debe darse coa maior obxetividade posible, minimizando os sesgos.

Mais resulta que a información é poder, polo que convértese nunha meta manipular a información de xeito que se plasme como un desexa. E para iso empréganse periodistas e empresas de comunicación.


Liña editorial se lle chama ao don de aplicar un sesgo cara un determinado lado, impedindo que a información chegue a nós con obxetividade e impedindo aos periodistas dicir o que pensan de verdade. Igualiño que marionetas movidas con fios.

12 comentarios:

BRABIDO dijo...

Non tes mais que coller uns cuantos xornais,se lés a mesma noticia en todos eles, veras que a redactan de distinta maneira.

E non digamos no que o deporte se refire (prensa deportiva)xa que ae 20 equipos na liga ,18 deles, aunque gañen a os outros dous nunca vendra reflexado posto que seran o M mailo B quen xogaron mal, da enoxo.


Pero o importante e vender e collela fama,disto todo quen debe saber un chisco e un tal Urdaci.


Saudos machiño.

PRAADIANTE

Lili dijo...

Completamente de acordo. Realmente non lle boto a culpa aos redactores ou como digo eu "pequenos xornalistas" que coma tododiós fan o seu traballo para comer todolos dias... Pero que os medios están controlados por intereses superiores e que finalmente dirixen o que pensamos...

100%

zeltia dijo...

el código deontológico y los principios éticos se los pasan por los cojones.

Avelaíña dijo...

Decía Luka Brajnovik algo así como: a obxectividade é como a auga dun río, nun intre é e noutro deixa de ser.

Raposo dijo...

Certo, non hai mais que ler os periódicos para comprobalo. Creo que ninguén destes se salva.

Chousa da Alcandra dijo...

E que non che hai nada que lle facer. Todo acaba mediatizado por uns ou por outros.
Por iso o único importante nesta vida é...un bo plato de polbo á feira coa dose axeitada de pimento picante!!!!

Cuspedepita dijo...

Eu creo que en realidade a obxectividade pura é unha utopía. Todos estamos influídos e contaminados por ideas e feitos dun signo ou doutro, teríamos que estar acabados de chegar doutro planeta para ser, en verdade, obxectivos.
O que amola é que se utilice a contaminación adrede para manipular o pensamento dos outros con tanto descaro.

fgul dijo...

fuf!!! Eu coido que desde fai un tempo opto por lelos todos a través de internet e despois sacar conclusións... aínda que persoalmente quedo co Xornal de Galicia

Unknown dijo...

Ainda hoxe falamos deste tema. Com chega de cambiada a información e que distinta dependendo de quen a diga.

Bicos

Carlos Sousa dijo...

Totalmente de acordo. E cádrame ben, que como sabes estes días andivemos metidos nuns problemas, e por máis notas de prensa que mandáramos a información viña como lle daba a gana. A máis fíable, no noso caso, era La Voz de Galicia, que polo menos preocupouse de constatar información. Da TVG prefiro nin falar.

É triste, pero é así.

Saúdos

Paz Zeltia dijo...

bueno, pois tes que sacar un anaquiño de tempo para actualizar o blog!
:-)

Unknown dijo...

préstamo! préstamo! préstamo!Está a buscar unha empresa de préstamos privados respectable e acreditada que ofrece préstamos para a súa oportunidade de vida.Ofrecemos todo tipo de préstamos de xeito moi rápido e sinxelo, préstamos persoais, préstamos para automóbiles, créditos hipotecarios, préstamos estudantís, empréstitos empresariais, préstamos de investimento, consolidación de débedas e moito máis.Foi rexeitado polos bancos e outras institucións financeiras?¿Necesitas un préstamo de consolidación ou unha hipoteca? Non busques máis como que estamos aquí para facer que todos os teus problemas financeiros sexan un pasado.Entregamos fondos a persoas físicas e empresas que necesitan asistencia financeira a un ritmo do 2%.Non se require o número de seguro social e non se esixe un control de crédito, 100% garantido.Quero usar este medio para informarlles de que ofrecemos asistencia de confianza e apoio e estaremos encantados de ofrecerlle un préstamo.A continuación, envíanos un correo electrónico a: (mariannelson2012@gmail.com) para solicitar un préstamo