lunes, 23 de marzo de 2009

Meus amigos da SGAE

Case todos sabedes a miña posición contraria á SGAE e ao que deron en chamar canon dixital pero que eu comparo co imposto revolucionario.
Mais hoxe non os vou criticar. Hoxe quero botar unhas risadas con todos vos.
Aqui vos deixo un corte de Buenafuente que versa sobre o canon dixital da SGAE. Para que pasedes un bon rato, xa que non ten desperdicio. O final, e ante a pregunta de "como podo evitar o pago do canon?", é moi ilustrativo, cómico e realista á vez.
Os seguidores de Buenafuente seguro que xa o verían.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha panda de ladróns. Eu xa baixaba algo de música, pero dende o conto do canon baixo a reo, ainda que so sexa por joder. A mitade dela nin me dará tempo de escoitala, pero tanto me ten.

Carlos Sousa dijo...

Buenafuente é xenial, o que pasa que o botan a unhas horas...

Ninsesabe ten toda a razón, "panda de ladróns", e vou falar baixiño non vaia ser que me pasen o "imposto revolucionario" ese por criticalos.

Barreira dijo...

Ninsesabe, os ladróns rouban e escapan. Pero estes rouban e ainda lles debemos o favor porque senon os delincuentes eramos nós. Ou somolo igualmente. "Mexan por nós e hai que dicir que chove, carallo".
Ja, ja. Carlos, xa visches como actua o inspector da SGAE. Ollo que ainda che van cobrar.
Saudos.

Mer dijo...

Isto da SGAE é un roubo directo. É pagar a multa "por si" cometes a infracción.

Como dicían nunha manifestación coa que me atopei recentemente "no son autores que son estafadores"

fgul dijo...

...ti aínda non viches estoutor:

http://www.youtube.com/watch?v=PRFJA9otpS0

Anónimo dijo...

Falando de todo un pouco, ten razón Carlos, non hai dereito que boten a Buenafuente a esas horas...
A esas horas debían botar corazón como se chame e caralladas polo estilo.
O mundo ó revés, isto eche o mundo ó revés.

Barreira dijo...

Tedes toda a razón. Gracias que temos o Youtube para poder velo de novo.
Saudos.

LM dijo...

este tipo é fantástico!
beijos

Carlos Sousa dijo...

Xa que falamos de Buenafuente, esta semana cadroume velo un día, tiña de invitado a Revilla, o presidente de Cantabria. Aínda botei unhas risas, coas súas críticas ó papa. (Supoño que moito é actuación en sí, pero é moi cachondo)

Paz Zeltia dijo...

Muy buenos los vídeos, gracias y también a Manuel L. Rodrigues.

Yo veo muchas veces Buenafuente, al menos un trozo. pero tampoco me gusta verlo siempre, porque luego ya no lo encuentro genial. hasta lo bueno cansa.

Anónimo dijo...

Polo visto agora tamén queren cobrar 20 céntimos por cada libro que se saque das bibliotecas públicas... onde imos a parar!

HADEX dijo...

Shhhhhhhh non fales moi alto......é perigoso até mencionalos!!

Suso Lista dijo...

Onte nos MAX, falaron de esto, e de como meten xente na carcel por vender discos na rua. Así vaise acabar a "piratería"?.Saúdos