jueves, 22 de enero de 2009

A SGAE e o seu canón (outra vez).


Vinte dias despois de haber tocado o tema do abusivo cánon da SGAE (podes velo neste enlace), volto a retomalo xa que na edición de hoxe do diario Atlantico aparece unha entrevista co presidente da SGAE onde se toca o tema da piratería e o intercambio de arquivos a través de internet.

Moi comedido nas suas palabras, asegura que hay que tomar medidas directas e sancionar a quen cometa o delito da piratería. Moi ben, estamos dacordo nesa idea, pero claro, do cánon non dí absolutamente nada.

Tendo en conta que se cheguen a adoptar unhas medidas como as que él propón no noso país, e parece que vai ser pronto según se desprende das suas palabras, toda vez que o cánon ven a paliar os efectos negativos que a pirateria reporta á propiedade intelectual, supoño que este cánon habería que acabar con él.

Si tendo os medios para poder penalizar a quen realice copias ilegais, se sigue facendo pagar a xustos por pecadores, como está pasando actualmente, estariamos ante a tomadura de pelo do século.

Claro que a determinados "autores" ialle caer isto coma unha patada nas tablas redondas. Aqueles cuxa vena artística se atopa atrofiada pola consecución do diñeiro fácil procedente do inxusto cánon ao que nos vemos sometidos todos, que se adoptaran medidas para acabar coas prácticas ilegais que dan soporte e xustificación á sua percepción, farialles temblar as pernas coma se de varas verdes se tratara.

En fín, espero que das palabras do presidente da SGAE se desprenda unha verdadeira vocación por solventar o problema que para todos supón a piratería, incluído o cánon inxusto que eles propugnaron no seu momento.

E de novo volvo a publicar unha foto, da cal eu son autor, e coa cal podedes facer con ela o que vos plazca, e ainda que pareza incrible, GRATIS.

martes, 20 de enero de 2009

Xa teño "50 e tantos".



Foi un dia de primaveira, aló por terras catalanas, do ano 1957, cando vin as primeiras raiolas de sol, pasando a formar dun modo irrefutable da historia deste país.
E vaia historia, pois eu mais os outros 800.000 irmáns meus, formamos parte da vida de outras tantas familias españolas, de norte a sur, de este a oeste. Uns eran mais grandes, outros mais pequenos; uns eran mais largos, outros mais curtos, uns con mais retranca (igual que o marido de Soraya), outros mais serios; uns con mais rodaxe, outros con menos; pero todos cunha forza e cun talento fora de toda dúbida.
A nosa utilidade puxose de manifesto en que case todos os españois adultos tiveron algunha historia ou anecdota connosco, e sempre tentamos non deixar a ninguén tirado ainda que a veces non o podiamos conseguir.
Por corredoiras con miles de curvas e centos de baches, por camiños cheos de bulleiro, sempre cos mesmos zapatos, e sen decaer o noso animo e mais dos que levabamos ás costas, fomos capaces de pintar millons de sorrisos nas facianas de case todos.
Tan só quedamos 10.000 con vida e xa somos toda unha institución. Ala por onde pasamos causamos admiración, e non é para menos, porque "cincuenta e tantos" xa son moitos anos.
Sempre formaremos parte de historia de España e dos españois, i esperamos ser recordados sempre.

FDO. O SEAT 600

viernes, 16 de enero de 2009

Útiles de Internet


Para os que non o saiban, o dominio de internet .tk pertence a un arquipelago de illas situadas no pacifico sur, chamadas Tokelau, cunha poboación adicada sobre todo á pesca e á agricultura.


Pois ben, esta nación ofrece gratuítamente o seu dominio territorial a calquer internauta do mundo que teña xa unha paxina hospedada nalgún sitio web (por exemplo, Blogger).


Calquera pode crear, en dous sinxelos pasos, o seu dominio "www.o_que_ti_queiras.tk" de forma gratuíta, sempre e cando a dirección non a empregara ninguén. Terás asimesmo direccións de correo electrónico para o teu uso con ese dominio persoal.


Este dominio territorial de internet está xestionado por unha ONG, e os fondos recadados pola sua explotación (publicidade, donacións, rexistros de pago, etc.) destinanse ao desenvolvemento da sociedade de Tokelao, proporcionandolle ingresos á sua poboación.


Empregando un dominio .tk, aparte da utilidade para o internauta, estas contribuíndo a unha causa xusta. Podes ver o facil que é crear un dominio persoal gratuíto no link situado no lateral deste blog.


Outro tema, que a min me pareceu curioso e útil, é o dun tipo de letra para empregar nos nosos documentos que nos permite aforrar, en relación con outro tipo calquera, ata un 20% de tinta de impresora, que non é barata, por certo. É un tipo libre e gratuíto, que se pode descargar dende a sua paxina web. Para saber mais sobre este tipo de letra, ou para descargala, podes consultar este link. Aparte de aforrar diñeiro, que sempre se agradece, e non só en momentos de crise, estamos beneficiando o medio ambiente, sempre necesario.


De todos modos a mellor práctica para aforrar e coidar o medio ambiente sigue sendo o de imprimir o que sexa totalmente necesario.


Espero que vos sexan útiles a todos.
Foto: Illa de Tokelau

jueves, 15 de enero de 2009

Mais curiosidades


E seguindo cos letreiros curiosos, a este non hai moito mais que engadirlle, pois fala por sí solo. O PIPICÁN, coa breve explicación de porqué se gasta o diñeiro público neste trebello.

Iso sí, a crise nótase moi presente posto que o trebello estaba baleiro. Non tiña o papel hixienico nin a bolsiña para meter a "caquita".

I eso que me gustaria ver a Bustamante utilizando o PIPICAN co seu canciño, pero non foi posible.

En fin, unha pequena axuda para manter o noso medio limpo, ainda que eu o considere un despilfarro, posto que a xente non necesita trebellos destes, senon estar suficientemente concienciados como para non ensuciar as ruas, parques, xardíns e demais.
Foto: Fala por sí sola.

martes, 13 de enero de 2009

Confusión


Pois eu, como son de Lugho, entrei ahi e pedín un viño e unhas rabas de calamar. E o home era tan simpático que ata me ia por eles á cociña da sua casa, e todo.
En fin, como din os entendidos do marketing, non hai coma as mensaxes directas e impactantes; pero tanto, tanto!

Foto: Zapateiro (non é o mote dunha tasca) de San Vicente de la Barquera

martes, 6 de enero de 2009

Dia de Reis

Non sei que tal se portaron os reis magos con vós. Imaxino que non vos tocou a loteria polo que seguro que algún agasaio vos deixarían, algún mimiño, algunha pizquiña de comprensión por parte de alguén.
Eu estou un pouco decepcionado posto que, como sempre á hora de comer, voltan a ensinar un dia mais a masacre que se está a cometer en Gaza e onde, coma sempre, os mais perxudicados son os cativos. Crios chorando, sangrando, aferrandose a un aloumiño de vida que lles queda, e se consiguen seguir adiante, maña será outro dia de caos, de incertidume, que ninguén entende, pero eles menos.
É incrible ver como un tenente coronel xudio explica á televisión o porque desa barbarie (en perfecto castelán posto que o falaba moi ben): "E que os terroristas escondense entre a población civil e utilizana para salvarse eles", dixo. Excusa bastante burda da reacción de Israel a un ataque terrorista.
Nosos nenos disfrutan dunha vida comoda, fronte á loteria de vivir que estan a xogar os nenos palestinos, e non a xogan porque queiran senon porque lle-lo impoñen. Un macabro sorteo onde os cativos teñen case toda-las papeletas.
Se hoxe é o dia de agasallar e pedir desexos o meu está claro: que nunca un neno volva a sufrir o sensentido dunha guerra.
Feliz dia de reis a todos.

sábado, 3 de enero de 2009

A SGAE e o seu cánon

De todos é coñecido a existencia do canon dixital por copia privada, que eu considero o equivalente legal ao imposto revolucionario. Independentemente de que estemos de acordo con él ou non, de que as leis se poidan sacar adiante con un diálogo entre todas as partes implicadas ou por facerlle caso á un puñado de actores e demais integrantes "progres" do mundiño da farandula (definición de SGAE), estamos ante unha norma que ten o rango de lei e polo tanto hai que cumplir sen rechistar.
E vaia se a cumprimos, pois cada vez que mercamos unha impresora para reproducir, por exemplo, este texto que ledes pagas un cánon que vai dende os 8 aos 10 euros. Se merco unha grabadora de CD ou DVD para gardar os traballos que eu faga pago un cánon de 3,40 euros, iso sí, non sin antes pagar un canon de 0,22 euros mais polo CD que necesito para poder grabar as miñas cousas. Por unha tarxeta de memoria que eu necesito para gardar as miñas fotos que eu fago coa miña camara pago un cánon de 0,30 euros. E para poder decirlle a meu fillo que o quero cando non estou preto del teño que mercar un telefono mobil que me vai supoñer o desembolso dun cánon de 1,10 euros.
Polo tanto, e despois de pagar relixiosamente este cánon criminal e indiscriminado, sen nengún tipo de mesura nin de rigor, simplemente con un mero afán recadatorio por parte de unhas sociedades intermedias que son as que fan con estes fondos o que lles peta sen nengún tipo de control público, eu xa teño dereito a facer copias, non só das miñas obras (que xa era o que faltaba, vamos), senon tamen das obras de outros autores que eu merco pero que por problemas de soporte desexo ter noutros formatos ou por duplicado. E dicir, se non pago este canon sería un criminal, pero como o pago, posto que non me queda outro remedio, xa non o son posto que esa actividade antes criminalizada agora xa está ben vista.
E mentres eu xa poido estar tranquilo posto que non estou delinquindo, outros repartense os fondos recadados coa aportación de toda a sociedade, fondos de orixe pública, e como dixen antes, sen ningún tipo de control, cuns criterios que non son transparentes, e cunha sonrisiña na boca.
Eso si, ainda teñen os santos atributos de, coa excusa de combartir a reproducción "non autorizada" de obras das que son autores, de introducirse nunha celebración privada cunha cámara oculta para facerlle pagar outro chisquiño de cánon a un restaurante. E ademais téñenos tan grandes que son capaces de aportar ese video totalmente ilegal como proba nun xuizo.
Afortunadamente neste país temos un sistema xudicial consolidado e independente que lles para os pes a todo este grupo de buitres carroñeiros que por onde pisan non volve nace-la herba.
E mentres tanto, vos tranquilos, que como pagades xa podedes cometer un delito con total impunidade.
Disfrutade desta imaxe, se a queredes copiar, facedeo, se a queredes publicar, publicadea, se queredes empregala para enriquecervos, empregadea. E non pagedes nada nin ao seu autor nin aos autodenominados representantes dos autores de España. Bueno, a estes últimos non lles pagedes mentres poidades.
Feliz ano 2009 a todos.
http://www.todoscontraelcanon.es/