A periodista non lle soupo contestar. Non sabía que dicir. Considerábase feliz pero non sabía cal era a receita para poder selo.
Esta pregunta, na que nós reparamos pouco, ela se a facia moitas veces durante o dia. Vivia nun pequeno poblado de Bolivia, separada e con cinco fillos que tiña que sacar adiante aos cales lles quería dar todo o que ela non tivera. A sua casa era moi pequena, cálida, a pesar dos moitos grados baixo cero do exterior nese altiplano boliviano.
E o seu medio de vida era a explotación dunha mina abandonada (porque xa non era rentable) que había naquel lugar. Non tiña outro xeito de vivir. Só había pedras arredor dela. Pasaba xornadas eternas a centos de metros baixo terra, extraendo pedras coa única axuda das suas escaralladas mans e sen ningún tipo de medida de protección de riscos laborais.
Todo para sacar uns pesos que, despois de pagar a electricidade para manter a calidez do fogar, e os estudos dos seus pequenos, tan so lle quedaba para poder ir unha vez ao mes á cidade mais próxima (tres horas en autobús) para poder ducharse en auga quente ela e mais os seus pequenos. Era un dia moi especial para eles. Tamén mercaban algunha comida que se poidera conservar fora dun frigorífico.
Ás veces tiñan unha visita nalquel inhóspito lugar. A do seu ex-marido i ex-pai, borracho e con aires amenazantes, que lles entraba na vivenda de noite porque a porta de entrada non tiña pechadura nin era blindada, perturbando os seus poucos intres de verdadeiro descanso.
Aquela muller que se preguntaba si algunha vez fora feliz, a pesar de sospeitar que nunca o fora, entre lágrimas, non dubidaba nadiña á hora de meterse naquela mina abandonada que en calquer momento podía enterrala en vida, co fin de sacar adiante á sua familia.
Non sabía vivir doutro xeito, nunca saira daquel lugar infernal, pero sabía que os seus fillos tiñan que estudar para poder escapar daquel lugar e ter a oportunidade de vivir felices. Con ese esforzo diario arriscaba a sua vida colocandoa nunha diana, sen saber mentres arrancaba coas uñas as entrañas desa mina, si voltaría a ver a eses fillos que tanto quería e polos que tanto loitaba.
Non era feliz porque non sabía o que era ser feliz. Porque ningúen lle dicia que era a felicidade.
¡Feliz ano 2010 para todos!
Foto: Mans en busca da felicidade.