miércoles, 2 de diciembre de 2009

Metéronnola dobrada

Todavía estou a escoitar as palabras da Ministra de Cultura, ao pouco da sua toma de posesión, cando nos dicia a toda a sociedade que a finalización da guerra aberta entre internautas e sociedades xestoras de dereitos de autor pasaba por escoitar a todas as partes e chegar a unha solución consensuada. Non podía ser doutro xeito cando a carta de presentación do governo ZP é o talante.
Pois ben, dun xeito moi sutil e nun recunchiño (para ver si no-la colaban) do anteproxecto de lei de economía sostible, esa lei que pretende arranxar todos os nosos problemas dun plumazo, autorizase á propia ministra do consenso a que peche calquera web que vulnere algún dereito de propiedade intelectual, sin necesidade de orde xudicial.
Supoño que a estas alturas na SGAE estarán a facer unha boa festa, como marcan os cánones, os que cobran, claro.
E eu, que son moi ben pensado, estou CASE seguro de que, si esta iniciativa de lei vai adiante, os propios integrantes da SGAE (onde inclúo ata o porteiro e mailo apuntador) serán os primeiros en renunciar a todos aqueles ingresos que proveñen deses cánones, anteriormente citados, que surxiron pola ameaza que supuñan as novas tecnoloxias para o pan de todo-los, anteriormente citados, integrantes da SGAE (onde inclúo ata o porteiro e mailo apuntador), posto que esa ameaza xa non será tal e non se xustifica seguir cobrando por ditos conceptos.
Repito!!!. Eu son ben pensado. E se estivera errado entón seguirían sendo uns buítres carroñeiros, que comen toda a merda que lles facilita este governo tan talantoso.